sábado, 19 de noviembre de 2016

DA VENDIMA Á CATA

Os alumnos de 4º levan traballando neste proxecto dende o 22 de setembro, día no que foron vendimar ás leiras dos veciños do cole.

Vendimando con afillados

Tras a recollida da uva, continuaron co proceso para elaborar viño (proceso que explicaron profesores e familias nas entrevistas que lles realizaron): despalillado, pisado, fermentación e remontado, separación do bagazo e embotellado.


Despalillando a uva tinta

Pisando a uva... cos pés ben limpos!

Separando o bagazo do mosto

Medindo a cantidade de litros obtidos

Embotellando

Traballaron moito, pois recolleron toda a información obtida en libros, páxinas Webs e entrevistas nos seus traballos de investigación, que expuxeron na aula aos seus afillados.

Exposición dos traballos documentais







Ademáis, deseñaron a etiqueta das botellas, pintaron co bagazo o fondo do mural, escribiron e representaron unha obra de teatro que unía uvas e emocións e están a apreparar os anuncios para a venta do viño (queren ir de excursión coa recaudación!).


Mural que recolle gran parte o traballo realizado

Vino de Vincios, cosecha de 2016

Agora só nos queda catalo... agardaremos unha ocasión especial?

martes, 8 de noviembre de 2016

COMEZAMOS AS TAREFAS NO HORTO

Marcos, o noso marabillosos conserxe, fresou o horto a semana pasada para que puidésemos comezar a traballar nel canto antes... Menos mal que o temos entre nós! GRACIAS MARCOS!

Unha vez o terreo listo, só quedaba pensar que plantar (pois agora vai moito frío) e poñerse mans á obra. Decidimos mercar uns plantóns de repolo redondo, brócoli, coliflor, cebola de inverno e porro, pois son os productos da tempada fría.




Agardamos un día sen chuvia (que parece chegou con forza) e baixamos facer os sucos e poñer as plantas, separadas entre si tirnta centímetros e ben metidas na terra. Tamén sinalizamos os sucos para que se vexa ben o que hai plantado, agora só queda coidalas moito para poder comelas máis adiante!




viernes, 4 de noviembre de 2016

ENCHENDO DE VIDA AS XARDINEIRAS

Hai algo máis tenro que ver como os Padriños Lectores colaboran cos Afillados de 3 anos para arranxar o xardín exterior?

As nenas e os nenos de 3º P  axudaron aos afillados a encheren de vida as xardineiras exteriores. Prepararon a terra e plantaron xeranios con flores e uñas de gato. Que interesante! Todos estaban emocionados coa actividade e foi un pracer explicarlles aos máis pequenos as tarefas relacionadas coa xardinería. Que ben o pasamos!


Padriños e afillados despois dunha dura xornada de traballo!