viernes, 30 de septiembre de 2016

PREPARANDO OS NOSOS XERANIOS PARA O OUTONO

Este venres estivemos aprendendo a podar os xeranios do noso tren. Non é doado, pero fixémolo moi ben. A ver se volo explicamos correctamente:

1º. Buscar nos talos as xemas máis baixas.

2º. Cortar xunto por riba delas (o talo o reservamos para facer un escallo).

3º. Cortar todas as follas que queden.

Parece que quedan un pouco tristes, pero xa veredes que cedo medran!




   

Unha vez rematada a poda, preparamos os escallos para seguir enchendo de vida o cole:

1º. Cortámolos en diagonal.

2º. Cortámoslles as follas máis baixas.

3º. Metémolos en auga ou directamente na terra ben húmida.

Agora só queda agardar a que medren e seguir coidando deles.





jueves, 22 de septiembre de 2016

XORNADA DE VENDIMA

Que sorte temos neste cole! Os nosos veciños son estupendos!
Loli e Benito, que teñen unha leira ao lado do Centro, afrecéronnos a súa viña para facer a vendima. Preparamos as botas, as tixeiras e as ganas e... mans á obra!

Fomos todos: grande e pequenos. Que ben o pasamos traballando xuntos!

No eido había moitas variedades de uvas, unhas brancas e outras tintas: treixadura, mencía, barcelonés, fresa, xerez... Loli explicounos que unhas son mellores para sobremesa e outras son máis idóneas para facer o viño, así que recollemos uvas para degustar na aula e outras para facer zume e experimentar coa elaboración do viño.

Hai algúns cursos que están facendo viño e outros vinagre. Xa vos contaremos como queda!
Aquí vos deixamos as fotos dunha xornada marabillosa na que apredimos cooperando. 



GRACIAS A LOLI E BENITO POLA SÚA XENEROSIDADE!

lunes, 19 de septiembre de 2016

SALA DE TOMATE COS PRODUCTOS DO HORTO

Nada máis chegar ao cole, fomos ver se o horto tiña algunha sorpresa para nós. Cantos tomates atopamos! Máis de 4 kilos de ricos e fermosos tomates!

A profe dixo que durante o verán foron todos os profes os encargados de vir regar as plantas... Que riquiños! Por iso tiñamos tanta colleita!

Pero... que facer con tantos tomates? Algo saboroso, algo sinxelo, algo que nos guste a todos... Salsa de tomate caseira!

A profe buscou a receita, mercou os ingredientes que faltaban e puxémonos mans á obra!



Aquí vos deixamos a receita paso a paso e un vídeo para que vexades o ben que o pasamos :)