martes, 31 de mayo de 2016

LIMPANDO E REGANDO

Hoxe, cando entramos no invernadoiro, quedamos coa boca aberta... Que grandes están as leitugas e as plantas dos tomates.
A verdade é que todo o que hai plantado medrou moito: berenxenas, pementos, porros, cenroias...

Estado actual do invernadoiro

Había moito traballo por facer: quitar malas herbas, refacer os sucos, atar os tomates, regar...
Entre todos, levounos pouco máis dunha hora, pero rematamos esgotados e suando a gota gorda!




Ese mesmo día, colleitamos as coliflores para cociñalas cunha deliciosa bechamel ou con allo, ao gusto do consumidor!




viernes, 20 de mayo de 2016

O CURSO EN IMAXES

Aínda queda traballo por facer, pois o cursos remata dentro dun mes, pero quixemos participar no concurso de vídeos que se propón desde Voz Natura e decidimos facelo cun pequeno resumo de todo o traballo feito.

Puxemos todas as nosas ganas no coidado do horto (e comimos os seus froitos), na limpeza de zonas comúns, na realización dos xardíns interiores... Pero fomos máis aló montando unha estación meteorolóxica, creando con materiais de refugallo, aprendendo a facer compost...

Aquí tedes o vídeo cunha chea de imaxes de alumnos e profesores traballando cábado con cóbado. Botádelle un vistazo que seguro os gusta!

Podedes votar por el na seguinte ligazón e xudarnos a ganar o premio. Gracias.

https://premium.easypromosapp.com/voteme/306368/622981434



lunes, 2 de mayo de 2016

UN TRABALLO DIARIO

Coa chegada do bo tempo hai que ir ao horto todos os días, porque as nosas plantas precisan auga e para evitar que as malas herbas o invadan todo.
Fixemos unha quenda para colaborar entre todos os curso e hoxe tocounos a nós.




Ademais, aínda nos quedaban por transplantar pementos, berenxenas, tomates...
Hoxe foi unha mañá moi dura, pois dentro do invernadoiro fai moitísimo calor!
Agora só queda seguir coidándoas para poder comelas :)