martes, 26 de abril de 2016

DESCUBRINDO O ADN DOS AMORODOS

A familia de Ana estivo a investigar sobre o ADN das fresas e semellante descubrimento levounos a realizar o mesmo experimento na aula.

A actividade é moi sinxela e permite visualizar as cadeas do ADN que están nas células dos amorodos, das cebolas, dos allos ...

Menudo descubrimento!


Que sinxelo parece!




viernes, 15 de abril de 2016

ENCHENDO DE VIDA O COLE

Continuamos co noso proxecto deste curso, enchendo de vida e cor o noso cole. Nesta ocasión foron os nenos de 5º e 6º os que deseñaron e montaron este magnífico xardín interior

Corredor do segundo andel... Que marabilla!

Uns vellos palés foron rescatados para dar cabida a estas pequenas macetas, nas que desenvolveron todo a súa creatividade plástica. As plantas medraron nas aulas, algunhas a partir de sementes e outras de espichas. Ademais, a estación meteorolóxica xa está en funcionamento conectada a este xardín.











Estas son algunhas das macetas.



Que bo gusto! Qué merabilla de xardín! Ainda que non teñamos que pasar por alí, as veces damos un rodeo para velo... ;)




viernes, 8 de abril de 2016

MÁIS SEMENTEIROS Á HORTA

As sementes que sementamos co profe Juán os nenos /as de 2º xa estan na nosa horta.

Puidemos plantar cabazas e pepinos no exterior e, dentro do invernadoiro, tomates e berenxenas.

Agradecemos moito a axuda de Marcos que nos botou as dúas mans para empezar e a da profe Carmen que nos resolveu, coa mangueira, o problema da rega...

Nos enchendo as regadeiras porque non había auga e resulta que... a chave do clorímetro estaba pechada!
Uuuy... cabeciñas con pelo!


miércoles, 6 de abril de 2016

ENCHENDO O INVERNADOIRO

Á volta das vacacións démonos conta de que chegara o momento de transplantar os sementeiros que fixéramos con Juan o mes de febreiro.

Tomates, leitugas, pementos, cabazas e calabacíns estaban listos para comezar a medrar no horto pero, había que agardar un día soleado para que o duro traballo do campo fora máis levadero!

Ese día foi hoxe! Menudo sol! Case afogamos!

Facía moito calor, pero pasámolo moi ben cos afillados!

Comezamos poñendo os pepinos e os calabacíns diante do invernadoiro, pois se os plantamos dentro... quedámonos sen sitio porque son plantas que medran moitísimo!

Logo, puxemos tomates e leitugas dentro e fóra do invernadoiro, para poder comprobar nós memos a diferencia de crecemento.

Finalmente, plantamos taxetes nos extremos dos sucos, pois son unhas flores que axudan a manter os insectos lonxe dos nosos cultivos... A que non o sabíades?

Cando estabamos a piques de rematar, viñeron os nosos afillados a botarnos unha man e a pedirnos axuda para colocar canas nas xudías e atalas. Aproveitamos tamén para recoller pedras que saíron para fóra coa choiva.

Aquí vos deixamos unhas fotos para que vexades que hoxe, gaámonos ben o pan!



martes, 5 de abril de 2016

UNHA ESTACIÓN METEOROLÓXICA PARA OS NOSOS XARDÍNS

Agora que os nosos corredores comezan a estar cheos de vida con todas as plantas dos xardíns interiores, os alumnos e a profe de 5º pensaron que era un bo momento para poñerse mans á obra cunha actividade nada sinxela pero moi educativa.

Despois de estudar a fondo os fenómenos atmosféricos e a súa influenza nas plantas, puxéronse mans á obra para montar a súa propia estación meteorolóxica. Non o credes? Mirade!

Puxéronse en contacto con Xoan (membro da Asociación Bricolabs), que ten coñecementos neste tipo de proxectos, e comezaron.

Ao principio todo parecía moi complexo... ata os nomes dos compoñentes electrónicos! Pero pouquiño a pouco puidemos familiarizarnos cos distintos sensores e o seu funcionamento.

Probando o sensor de humidade da terra.

A estación parte dunha placa de arduino (un sistema deseñado para facilitar o uso da electrónica en proxectos deste tipo) que se conecta aos distintos compoñentes e se programa a través dun ordenador.

Xoan ensinounos a conectar tres sensores (humidade da terra, luminosidade e temperatura ambiente) e a comprobar o seu correcto funcionamento. Está claro que foi el quen se encargou da linguaxe de programación!

Os LED van indicarnos cando temos que regar. Estará iluminado o verde cando a terra teña entre o 25 e o 75% de humidade; lucirá o azul cando teña exceso de agua (máis dun 75%); e estará encendido o amarelo cando teña falta de auga (menos dun 25%).

Detalle dos LED indicadores da humidade da terra.


Prototipo da estación meteorolóxica.

Unha vez experimentamos nós mesmos o funcionamento de cada sensor, puidemos ver a súa lectura nunha pantalla... parece maxia! deste xeito podemos facer unha toma de datos manual e comprobar a través de gráficas as variacións de luminosidade, temperatura...


Nesta pantalla se amosan, cada 5 segundos, os datos tomados polos sensores.


Finalmente, para poder contrastar a información que nós tomemos, Xoan instalou unha placa que mandará os datos rexistrados a un servidor en Internet a través da WiFi, onde poderemos consultalos sempre que queiramos. 

Compoñente que manda a información rexistrada ao servidor a través de WiFi.

Agora toca contarlles aos compañeiros como funciona para que tamén eles lle saquen partido!




UN TREN CARGADO DE XERANIOS

Os alumnos de 3º e 4º (coa axuda de Marcos, o noso conserxe) estiveron traballando duro dende o principio de curso para ter listo este marabilloso xardín interior que, como ben di o noso proxecto, enche de vida o cole.
Pouquiño a pouco imos dando cor e vida aos corredores, ás paredes, ás esquinas ás veces olvidadas...

Primeiro coseguimos unha caixas de froita (menos mal que algunhas familias nos botaron unha man) e pintámolas de branco para facer os vagón e a locomotora do noso tren.


Logo, Marcos cortou e colocou as rodas dos vagóns e montou a locomotora... E que nós non podemos andar con algunas ferramentes como a serra de calar!


Despois pintamos as macetas, para que resaltasen no branco dos vagóns. Cada unha dunha cor... Sabíades que para facer morado se precisan azul e rosa?
Divértimonos moito pintándoas!


Finalmente, transplantamos os xeranios e colocamos o tren na entrada do cole... Queda tan primaveral! Seguro que aínda lle poñemos un detalliño máis!


Aquí vos deixamos cunhas fotos nas que ides comprobar que somos uns xardineiros estupendos.


lunes, 4 de abril de 2016

XUDÍAS E PATACAS

Traballando na horta

As nenas e os nenos de 4 anos estamos a facer tarefas de agricultores. Fomos á horta e plantamos xudías e patacas.



Estivemos asesorados polos nosos padriños, os alumnos de 4º de primaria. Eles axudáronnos a plantar as xudías, a protexelas cunha botella de plástico, a poñerlle canas para que se suxeiten e a sementar patacas.



Que divertido!   As xudías abrazaranse ás canas?




Como nos gusta traballar na horta!


viernes, 1 de abril de 2016

SANSEVIERAS DE 2º

Xa temos colocada a nosa xardineira xunto coas macetas, no corredor do noso andar, cos diferentes tipos de sansevieras que atopamos.

Despois de varios meses de traballo, mereceu a pena co bonita que nos quedou e o moito que disfrutamos  facendo o traballo.