jueves, 10 de diciembre de 2015

PLANTANDO ALCACHOFAS

Hoxe plantamos na nosa horta alcachofas grazas a Lorena, a nai de Aroa, que nos regalou unhas plantiñas da súa horta familiar.

Menos mal que tivemos a axuda de Marcos, a nosa xoia de  conserxe, que nos preparou o espazo onde  plantar...

Os nenos/as de 2º preparamos a terra, abonamos, plantamos e regamos a nosa pequena plantación.

Agora nos queda adicarlle un pouco de tempo para ver o que medra e en que condicións, se queremos ter unha boa colleita.

Premede na imaxe se queredes saber máis cualidades da alcachofa

jueves, 3 de diciembre de 2015

PLANTANDO BRASICÁCEAS

Hoxe, os alumnos de 3º e 4º fomos traballar no noso horto. Estivemos plantando coles, coliflores e brócolis en tres sucos ben dereitiños. 

Costounos moito sachar para preparar o terreo, pero ao final quedounos moi pero que moi ben. Separamos as plantas entre elas a distancia dun paso grande, para que teñan espacio suficiente para medrar e logo regamos. Agora toca agardar para poder cociñalas no cole!

Aquí vos deixamos un vídeo que resume o traballo realizado en equipo.