miércoles, 30 de septiembre de 2015

LIMPANDO AS FRESAS

Hoxe os nenos e nenas de 3º fomos traballar ao noso horto. Aproveitamos que non facía moito sol para limpar o terreo e deixar as fresas listas para o outono.
Deunos moito traballo, pero en equipo todo é posible!

Podando as fresas

Sachando os sucos

Limpando o terreo de malas herbas

Sacando pedras para ter a terra máis limpa

Un grupo de traballo moi eficaz!

jueves, 24 de septiembre de 2015

COMPOST


 O compost é a opción 100 % ecolóxica para o cuidado e abono dos nosos cultivos.


 Os alumnos/as de 3º  foron as aulas dos pequenos de Primaria a lembrarlles coa súa ben feita exposición que é o que podemos botar no noso composteiro para elaborar este abono tan ecolóxico para beneficio da nosa horta.

 Parabéns aos nenos é nenas de 3º por un traballo que tamén beneficia a todos !






lunes, 21 de septiembre de 2015

APRENDENDO A RECICLAR

Hoxe visitounos Manuel Varela, un empregado do punto limpo de Gondomar, co obxectivo de recordarnos como facer a separación de residuos.
Primeiro falounos dos tres R, tan importantes para coidar o planeta: REDUCIRREUTILIZAR e RECICLAR. Os nenos e as nenas son moi importantes nom undo da reciclaxe!

Cousas que podemos facer todas nas nosas casas
Logo, deixounos ben clariño o que si e o que non se pode botar en cada colector. Por exemplo... sabíades que non podemos tirar un vaso roto no iglú verde clariño? Resulta que non é vidro, é cristal!

Para que o teñades clariño!
Todos atentos ás explicaciones de Manuel
Finalmente, falounos de todo o que recollen no punto limpo: xogetes, electrodomésticos, mobles...

Por se tedes que lev ar algo... hai vai o horario do punto limpo!

Ademais, traballamos sobre todo o que podemos botar no composteiro que temos no horto. Agora estamos a elaborar uns cartaces para un bo uso dos mesmo... Pronto volos ensinamos!

martes, 15 de septiembre de 2015

CREMA DE CABAZA E CENORIAS... DO NOSO HORTO!

O outro día fomos recoller os froitos do verán. Como tiñamos unha cabaza enorme e unha chea de cenorias, a profe decidiu facer unha receita sana e deliciosa: crema de cabaza e cenoria.
Aquí vos deixamos a receita completa (ingredientes, utensilios e pasos) por se queredes facela na casa e un vídeo coa elaboración da mesma na cociña do cole. 
Animádevos, é moi doado

INGREDIENTES

UTENSILIOS

PASOS

Prestade moita atención!


viernes, 11 de septiembre de 2015

OS FROITOS DO VERÁN

Hoxe, os nenos e neas de 3º foron traballar no horto: quitar malas herbas, regar, podar, sachar os sucos... Pero o traballo no campo sempre ten unha moi boa recompensa: menuda colleita!
Había cabazas, millo, xirasois, tomates, cenorias, sandías...
Xa temos ingredientes para cociñar a semana próxima. Imos facer unha crema de cabaza e cenoria que seguro está deliciosa. Xa vos iremos contando!

Nadia e Diego recollendo os tomates

Brais, Zequi e Ruth quitando malas herbas

Daniela e Aaron quitando malas herbas

Aaron e Iker recollendo as cenorias

Traballo en equipo para un mellor coidado do horto

Iria regando os xirasois

Cenorias e tomates do noso horto

Cabaza e sandía do noso horto

martes, 1 de septiembre de 2015

COIDANDO O HORTO EN VERÁN

Neste cole temos moita sorte, porque no verán os rapaces tamén traballan moito!
Aquí tedes unhas fotos de cando foron regar e limpar o horto durante as vacacións. Fixeron varias quendas para repartir o traballo e coidar das nosas plantas.
Agora temos cabazas, sandías, millo, xiraois...

Regar e sachar... bo froito vanos dar!
Patrulla de alumnos facendo as quendas de rego
Pasábano moi ben facendo este traballo voluntario