viernes, 19 de junio de 2015

ÚLTIMA EXPOSICIÓN DE PROXECTOS SOBRE O HORTO

O día 18 de xuño, para rematar o curso, fomos todos á biblioteca para ver as exposicións sobre o tema anual dos alumnos de 4 anos, 2º e 4º.
Todos eles traballaron moi duro e quixeron compartir con nós as súas aprendizaxes sobre o horto escolar.

A aula de 4 anos deleitounos cunha poesía sobre unha semente dourada e cun vídeo con moitas das fotos sobre o seu traballo como labregos. Aquí vos deixamos o vídeo para que vexades o ben que o fixeron:


Os alumnos de 2º fixéronnos pasar un rato moi pero que moi divertido cunha babosa simpática e pícara que comía todo o que eles plantaban.
Cociñar, cociñaron moito, pero tiveron que ir á tenda mercalo porque este bichiño non deixou que a colleita medrara.
Mirade qu e ben o fixeron:



Os nenos e nenas de 4º presentaron un concurso de preguntas e respostas dirixido a todos os alumnos e profes do cole: Canto sabes do horto escolar? 
Despois de formar os dous equipos participantes por sorteo, os concursantes tiveron que superar dez probas. Os gañadores levaron unha planta e os segundos clasificados unha semente para xerminar vida. 
Aquí vos deixamos o vídeo!

lunes, 8 de junio de 2015

FESTA VOZ NATURA

O sábado 6 de xuño acudimos á Festa Voz Natura para dar por rematado este curso tan activo.
Alí, montamos a nosa exposición e recollimos o noso premio como mellor proxecto da Provincia de Pontevedra.
Aquí vos deixamos unhas fotos desa xornada tan especial para todos e qe tanto disfrutaron aqueles que se achegaron ata o recinto en Culleredo.

Leire, Irene e Iker recollendo o premio de mans de Conselleira de Medio Ambiente
A nosa exposición na festa Voz Natura
Noraboa a todos os Centros que participaron, porque todos os traballos eran estupendos!
Noraboa especialmente aos premiados en todas as categorías!

viernes, 5 de junio de 2015

CELEBRANDO O DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Para celebrar o Día do Medio Ambiente, que é o 5 de xuño, cada ano plantamos unha árbore. 
Os encargados de apadriñala, plantala e coidala son os nenos de tres anos, que van medrando con ela co paso do tempo. Este curso, como estamo a traballar o horto escolar, elixiron unha laranxeira.

Momento no que Joaquín axudounos a plantar a árbore

Plantárona preto do horto, para que cando medre proporcione unha fresca sombra na que descansar despois dos traballos agrícolas :)ç

Despois, todos xuntos, limpamos o patio do cole e os arrededores do Centro... Non imaxinades a de proquería que atopamos: calcetíns, neumáticos, latas de refresco...
Menos mal que de cando en vez imos nós a manter limpa a zona!

Co lixo que atopamos polos arredores do Centro... que non foi pouco!