lunes, 25 de mayo de 2015

SOMOS PREMIO VOZ NATURA

Menuda noticia que recibimos! Déronnos un premio!
O domingo, cando os profes e as familias foron mercar o periódico... Sorpresa! Enterámonos de que nos deran un premio ao mellor proxecto da provincia.
Estamos encantados co recoñecemento, pois sabemos o moito que traballamos. Iremos recollelo o día 6 de xuño á Coruña... e estades convidados a vir con nós!

Aquí vos deixamos a nova, na que aparecen tamén o outros tres premios provinciais, o premio infantil e o premio Galicia. Noraboa tamén a todos eles!
Ao premer nela podedes accerder á nova na Web.



miércoles, 20 de mayo de 2015

UN TIPI DE XUDÍAS VERDES

Escoitáchedes ben! Estamos a facer un tipi (que é unha construcción títpica dos indios) de xudías verdes coas plantas que nós sementamos en con outras que Juan, o profe que estaba no cole, trouxo da súa casa.
Pouco a pouco vai tomando forma... pero aínda temos que agardar a que as plantas medren maís!



jueves, 14 de mayo de 2015

OS PRODUCTOS DO NOSO HORTO

Aquí tedes unha panorámica de como está o noso horto nestes momentos. A verdade é que traballamos moito nel e estamos moi contentos co resultado:



Temos moitas cousas plantadas: leitugas, tomates, cabazas, pepinos, allos, chícharos, cenorias, azafrán, sandías, xudías...




E un pequeno rechuncho onde temos as plantas aromáticas e mediciñais.


lunes, 11 de mayo de 2015

PLANTAMOS OS TOMATES NO HORTO

Depois de esperar case 2 meses , as nosas sementes de tomates están enormes e xa as podemos plantar no horto para que vaian crecendo. Pusémoslle unhas varas e agora a esperar a que saian esos ricos tomates.

 

domingo, 10 de mayo de 2015

AS ÁRBORES FRUTAIS

Os nenos de 5 anos están a traballar as árbores frutais e os coidados que precisan para que podan medrar. Esta vez, para facelo un pouco máis divertido, empregamos as tablets como medio para obter a información.
Foi toda unha experiencia porque polos corredoiros do cole habia moitos códigos QR que non sabíamos para que servían. Logo de montar os equipos e organizalos por cuadrillas, os resultados foron moi interesantes. Aquí vos deixamos un resumo do noso traballo.