miércoles, 25 de febrero de 2015

TRANSPLANTAMOS MILLO E SEMENTAMOS PORROS NO HORTO

Os nenos e nenas de tres anos somos todos uns ratiños de campo e encántanos ir ao canizo coller millo. Tanto é así que estamos inmersos nun proxecto sobre o mesmo. Sementámolo reutilizando botellas de plástico e observamos como crecía no aula. Do gran de millo saíron raíces e un talo con folliñas.


Hoxe fomos ao noso horto para transplantalo e, de paso, levamos máis grans de millo e plantámolos a ver que acontecía.
Tamén recollemos terra da horta e fixemos un sementeiro de PORROS. Botamos algunhas sementes nunha botella de plástico transparente para observar como crece o porro.


Ademais esta semana Lois trouxo a clase pepitas de xirasol e decidimos plantalas. Reutilizamos botes de iogur e, na clase, enchémolos con terra que colleramos previamente no horto e enterramos as pepitas. A ver se nos sae algún...




No hay comentarios:

Publicar un comentario