viernes, 30 de enero de 2015

MATERIAIS DE REFUGALLO PARA CONSTRUÍR A PAZ

A aula de 4 anos estivo traballando duro para facer esta fermosa pomba da Paz con tapóns de botellas de plástico.
Estiveron gardando  os tapóns dos bebibles das súas merendas durante moitos días e, esta semana, deron forma a unha marabillosa pomba.
Só precisaron papel continuo, cola brana e tapóns. Mirade todo o proceso!


jueves, 29 de enero de 2015

DUAS HISTORIAS PARA REFLEXIONAR



Hoxe, na sesión de lectura, María de 6º, coa colaboración da profe Irene, contounos dous contos preciosos moi relacionados co respecto por todo o que nos rodea: natureza e persoas.


Wangari y los árboles de la Paz fálanos de Wangari Maathai, Premio Nobel da Paz no 2004 pola súa contribución ao desenvolvemento sostible e a súa loita pola convivencia pacífica. o público emocionouse coa historia desta muller tan valente!
Historia de un árbol é un álbum ilustrado que narra unha conmovedora historia dunha árbore que vivía feliz no bosque... ata que un día todo cambiou. Non deixedes de lelo!
                                     
PARABÉNS a María por emocionarnos tanto e a Irene por escoller estes contos para que reflexionemos como facer compatible a nosa forma de vida co respeto ao medio que nos rodea.


martes, 27 de enero de 2015

FACENDO MÁIS SEMENTEIROS

Os alumnos de 4 anos sumáronse este mes a facer os sementeiros para encher o horto de cor coa chegada da primavera.
Eles elixiron os rabanetes vermellos, pois crecen rápido e resisten ben o frío.
Puxeron as sementes hai só dez días... e mirade xa como están as plantiñas de bonitas!

Algúns alumnos co sementeiro de rabanetes

lunes, 26 de enero de 2015

PLANTANDO BULBOS DE TULIPÁNS


Xa temos nas macetas os nosos bulbos de tulipáns.
Na terra enriquecida con humus de miñoca, agochamos os bulbos para protexelos das baixas temperaturas e ... xa estamos desexando ver como medran.
Colocámolos no xardín interior do cole, que pouco a pouco irá enchéndose de cores.


lunes, 19 de enero de 2015

SEMENTEIROS DE CEBOLAS E TOMATES

Hoxe fomos ao noso horto para facer os sementeiros de cebolas amarelas de Parma e de tomates tres cantos xigante rosa.
O primeiro que nos chamou a tención foron as sementes, non as imaxinabamos así!



Aquí vedes as sementes das cebolas e dos tomates... Imaxinábaas así? Nós non!







Despois... un pouco de terra, un pouco de humus de miñoca, un chisco de auga e... agora temos quemos que agardar a que xerminen as sementes!




Por certo... Mirade qué grandes son xa os nosos brócolis!


martes, 13 de enero de 2015

SEMENTANDO LEITUGAS

Os nenos e nenas de 4 anos estiveron hoxe facendo sementeiros de leitugas. Pasárono en grande, porque tiveron un día moi soleado.
Despois, fixeron uns carteliños que escribiron eles mesmos, con moimboa letra!
A verdade é que... pouquino a pouco, creamos o noso horto :)

jueves, 8 de enero de 2015

SE QUERES TER BO ALLEIRO, PRANTA OS ALLOS POLO XANEIRO

Á volta das vacacións de Nadal, fomos traballar no noso horto.
Primeiro, atamos os chícharos aos titores para que podan seguir medrando e regámolos un pouquiño.

Martín e Anais atando os chícharos aos titores

Diego e Gabriel regando os chícharos
Despois, arranxamos a terra co anciño, pois temos que comezar cos sementeiros.

Diego co anciño
Telmo preparando a terra para os sementeiros
Ademaís destas labores, prantamos allos pois, como ben di o refrán, "Se queres ter bo alleiro, pranta os allos en xaneiro" (esta profe María Luisa sabe de todo!)
Aquí vos deixamos as imaxes de todo o traballo feito: sachar, prantar, regar...

PRIMEIRAS EXPOSICIÓNS DE PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN

O xoves 18 de decembro tiveron lugar as primeiras exposicións dos proxectos que os cursos están a facer sobre o tema deste curso: Pouquiño a pouco creamos o noso horto.

Os primeiros en expoñer foron os alumnos de 3º, que investigaron sobre o xeito de elaborar xabóns reciclando aceites usados e de aromatizalos con plantas que puxeron no horto coma o tomiño, o romeu, a lavanda...

3º from librincios on Vimeo.


Despois, foi o turno de 5º. Amosáronnos diferentes plantas e explicáronnos que de cada unha delas comemos unha partes diferente: raíz, talo, follas, flor, froito...



Para rematar, os alumnos de 6º prepararon uns "sketchs" para deixarnos ben clariñas as propiedades mediciñais dalgunhas plantas. A verdade que ademais de aprender, rimos moito.

from Carmen on Vimeo.

Seguiremos traballando e vos iremos amosando todos os progresos :)